Avelaíñas eléctricas é a historia de dúas mulleres galegas na súa vintena, Olivia e Mariña, que ao remataren a carreira de Historia da Arte, e trala súa ruptura amorosa, marchan lonxe da casa, das familias e de todo canto coñecen para buscar un futuro e buscarse a si mesmas.
As voces das dúas protagonistas vanse alternando para expoñer as propias experiencias e o fondo dos seus pensamentos, debullando o pasado para comprender as circunstancias e tamén as decisións que as puxeron no lugar en que se atopan.
Olivia, que agora vive en Barcelona e se gaña a vida como camareira, consegue que unha galería de arte acepte o seu proxecto artístico... Inda que decontado descubrirá que no mundo da arte non todo é o que semella. Mentres se afai á cidade, debe tamén facer fronte ás consecuencias de ter crecido nunha familia coa que non pode contar e da cal sempre foi e segue a ser responsable, mesmo na distancia.
Mariña consegue traballo nun museo de arte contemporánea. Entre descoñecidos, loita contra as pantasmas do pasado tratando de comprender o suicidio da súa tía Mar, ao tempo que agocha o medo, vergonza e dor dun trauma do pasado que a persegue cada día e a distancia de si mesma e do mundo que a arrodea.
Enfiando as historias, as dúas protagonistas navegan os días e as súas vidas coa forza que se precisa para seguir adiante, distanciadas mais téndose sempre presentes.

Product Details
BN ID: | 2940195060473 |
---|---|
Publisher: | Cinemar Books, S.L. |
Publication date: | 08/31/2025 |
Edition description: | Unabridged |
Language: | Galician |
Videos